Rincón

GRIS

Quieta, inmóvil,
Respirando forte como se fose o último suspiro.
Soa, baixo un manto gris de tristeza,
Un ceo que nunca antes me mollara desa forma.
Sinto cair polas meixelas gotas de choiva salgadas,
Seguramente bágoas tan trites como o ceo que me observa.
Sin poder dar un paso en nigunha dirección,
Tiritando de frío e coa roupa anegada.
Rabia.
Rabia que nin a verde herba é capaz de absorver baixo os meus pes.
Rabia que non me abandoa nin correndo nin gritando.
So me deixa inmóvil.
Incapaz de facer nada q non sexa lamentarme.
Soa e Impotente no máis fermoso campo verde.
Nun día de choiva tinguido de gris.
O tempo pasa
E non cesa de chover,
Máis sigo ahí,
Inmóvil
como o único carballo ó que me acada a vista ver.
decido camiñar cara el.
A suave brisa triplica o frio ó moverme.
Sentada
Baixo as polas da robusta xigante.
Miro o ceo mentres enterro os pés na terra.
Semella estar quente ó igual que as raíces que sobresaen como os meus pensamentos.
As ideas pesan.
E a reflexión aínda máis.
Os raios do sol saen tímidos entre a penumbra
Espantando sixilosamente as difusas nubes que tinguiran o ceo de gris.
Cesa a choiva.
E con ela a miña rabia.
Sinto cos ollos pechados como o sol incide na miña cara.
E nos pes móvense formigas entre as dedas.
O ceo gris foise,
coma se vai a rabia,
como se vai o tempo.
Quedo dormida baixo as polas da robusta xigante
Como se fose a última vez
Que o ceo fose a estar gris
Como se fose a última vez
Que eu vaia ser feliz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario